Despacho de Avogados en Vilalba (Lugo)
O despacho Villarino Avogados ten unha traxectoria profesional de máis de 50 anos. Foi fundado polo Letrado D. Tomás Villarino Graña e, no ano 1993, incorporouse a este o Avogado D. Julio Villarino Fernández.
Como avogados independentes, caracterizámonos pola profundidade na análise do Dereito, a busca das mellores solucións e o respecto ás regras éticas e deontolóxicas. Prestamos servizos tanto a empresas coma a particulares en todo tipo de procedementos xudiciais, á vez que intentamos a solución extraxudicial dos asuntos que se nos formulan. A longa experiencia deste despacho garante seriedade, dedicación e eficacia na defensa dos asuntos que se nos encargan. Ofrecemos ao cliente un trato personalizado baseado nun desenvolvemento de calidade das nosas actividades profesionais.